O Partido Popular está a actuar coma unha mafia corrupta que rouba cartos públicos para repartilo entre as súas "amizades", e coa detención de Rodrigo Rato, ex vicepresidente do goberno de Aznar, ex ministro de economía, ex dirixente do FMI e es presidente de Bankia, entidade que foi rescatada con cartos públicos, queda claro que nos goberna unha MAFIA corrupta e criminal.
Ata cando imos aguantar?. Non é so Rato, é todo o Partido Popular, é o propio sistema. Temos que parar á Mafia, temos que esixir que se vaian. Non pode ser que o partido no goberno estea acusado de financiación ilegal, con tres tesoureiros imputados, o propio presidente resibiu sobresoldos que non se declararon, a policía rexistrou a sede en Madrid, destruiron probas, presionaron a xuíces... en calquera outro país, estarían no cárcere dende hai tempo. E aquí seguen no poder ríndose de nós. Ata o presidente da Xunta compartía Iate, crema de sol e neve cun Narcotraficante condeado pola xustiza.
Volvemos preguntar, ATA CANDO?.
Que se vaian, FÓRA MAFIA!
#ForaMafia17A #FueralaMafia17A
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.